domingo, 17 de marzo de 2013

OPERACIÓN DE TESORERÍA.-



O Concello de Marín está pendiente de formalizar unha Operación de tesorería para adiantar os pagos que ten que realizar para as obras incluidas no plan Arela.

O Fondo FEDER financia o 70% das obras que foron elixidas, contratadas, e realizadas polo Concello de Marín, e para xustificar ante o Ministerio de Facenda esta actuación o Concello de Marín que pagar todas as facturas, para que posteriormente e despois de auditados os contratos e a realización de todos os proxectos e as obras que compoñen este Plan se ingresen ó Concello a parte que desde a Administración municipal se adiantou.

Para afrontar estes pagos, o Concello xa tivera hai uns anos que solicitar un préstamo para este fin, e ahora para finalizar todos os pagos pendientes é necesario solicitar un préstamo a curto prazo ás entidades financieiras.

O proceso de contratación se fixo por invitación ás entidades bancarias e en base a unhas condicións que foron marcadas desde os Departamentos de Tesourería e de Intervención.

Se iniciou, se cursaron 5 invitacións formais coas especificacións da operación que o Concello quere levar a diante, ó Banco Santander, Banco Popular, Nova Galicia Banco, BBVA e CaixaBank.

A mellor oferta foi a que presentou CaixaBank, téndolle solicitado unha aclaración a Mesa de Contratación sobre uns extremos da operación.

Se todo se adecúa ós pregos de contratación que rexiron o proceso na próxima semana esta operación de Tesourería quedaría pechada pudendo o Concello finalizar o Plan Arela cos pagos ós que ven obrigados e nos prazos que nos marcou o Ministerio de Facenda.

Este recorrido non foi doado para o equipo de goberno actual, o Plan Arela soamente tiña ejecutados desde o ano 2008-2011 o 20% de 4 millóns de euros, e foi nesta etapa final onde se levou a cabo a súa execución total, non exento de dificultades téncias e sobrevidas.

Foi difícil porque os trámites sempre son complexos chegar en prazo polas obras a realizar que se conseguiu, e pola justificación, fiscalización e posterior pago das mesmas, e estamos en condicións de decir que se chegará tamén en prazo de xustificación ante o Ministerio para que o Concello de Marín poda cumplir coas súas obrigas e demostrar que foi capaz de executar unhas obras e de facer un esforzo intenso en tramitacións administrativas e nos departamentos responsables de Secretaría, posterior control da ejecución das Obras, e Intervención.

O equipo de goberno se considera satisfeito do traballo realizado, da xestión intensa dos últimos meses, de ser capaces de vencer moitos atrancos e de poder presentar unha boa folla de ruta e de resultados que nos posicione para outras posibilidades de xestión de Fondos Europeos.

Estamos pendentes de remitir ó Ministerio de Facenda toda a documentación que xa nos requiriu de todos os contratos e da documentación que tivo lugar desde o inicio do plan Arela no ano 2008 e finalizaremos este Proxecto tendo executado todo o Proxecto que fora previsto dentros dos prazos que nos posibilitaron as sucesivas prórrogas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

ShareThis

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...