domingo, 8 de mayo de 2011

Auditorio.

AUDITORIO.



Queremos este Auditorio para Marín, o lugar escollido é o final do Paseo Alcalde Blanco, é unha parcela que ten a superficie para facelo, que nunca foi finalizada, e que sempre quedou pendente de ser rematada con algún elemento de importancia.

Queremos que albergue un patio de butacas entre 450 e 500 prazas, e que serva de elemento dinamizador da cultura. Terá o aparcamento subterráneo na Praza de España, que posibilitará o fácil acceso das persoas que o utilicen.

O Paseo gañará en atractivo e será un complemento perfecto que reactivará toda esta zona.

Se complementará cunha sala de exposición e será un referente pola súa estructura, o emprego dos materiais diáfanos, en consonancia co entorno, co mar, coa vista da Illa de Tambo, reflectíndose nos grandes cristais as ondas do mar.

Será unha infraestructura cultural multiusos, contará co servicio dunha cafetería que terá unhas vistas inmellorables e servirá para poñer a Marín de referente de calidade e de personalidade.

Está prevista unha pasarela pivotada sobre o mar para dar espacio na punta e poder acceder ó redor do edificio.

Esta é a aposta que facemos dándolles a coñecer a nosa idea, a nosa aposta, o noso reto que sen dúbida cambiará a imaxen de Marín en importancia, en trascendencia e en atractivo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

ShareThis

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...