martes, 3 de mayo de 2011

Dous anos sen pagar a proveedores.

O EQUIPO DE GOBERNO SÍGUELLE DEBENDO CARTOS ÁS EMPRESAS DESDE FAI MÁIS DE DOUS ANOS...SEGUEN SEN PAGAR.


A campaña electoral do PSOE e do BNG faise en parte con cartos municipais.
 As actuacións destes días non fan máis que pensar que se está traspasando a fronteira do que é o concello e do que é o partido, e no caso do BNG non digamos.
 Carteis, máis carteis, actuacións de presentacións con material municipal, proxectos e maquetas, máis proxectos e maquetas, se un fai unha, o outro presenta a outra, é de vergonza, e o que non sabemos é cándo chegarán nesas facturas, que probablemente deixen sen pagar.
 E mentras tanto só se unen para atacar ó P.P. e querer trasladarle a culpa da súa total incompetencia.

No Plan de Urbanismo non falemos, seguen igual, sen avanzar, esperando que todo o mundo lle faga as cousas, e eles se dedican a intentar confundir ós veciños.
 Sinceramente non están nada preocupados, o Plan deixoulles de importar xa fai tempo, e agora cando ven que a xente xa non aguanta máis, pretenden cargarlle as cousas ós outros.
 Non se recorda en Marín un concelleiro de Urbanismo con tan pouco nivel e tan nefasto como o sr. Vilaboa, e non se recorda un Alcalde que estea preocupado de todo menos do principal problema que ten Marín.
 Esta é a realidade e o mellor é que os veciños son plenamente conscientes de que estamos gobernados por xente que non é capaz de solucionar os problemas.
 Das facturas acumuladas nunca se deu unha circunstancia así, non pagar, non pagar e non pagar.
 Os proveedores nos din que non poden aguantar esta situación, que nos venden cuns sobrecustos que son inasumibles, e polo que se ve eles están a outra cousa.
 Que se meten co P.P. alá cada quen, o que é máis evidente polo que parece, e que é para o único que se poñen dacordo, un sen o outro non son nadie.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

ShareThis

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...