viernes, 6 de mayo de 2011

Parque Lúdico.

PROPOSTA DO P.P. UN GRAN PARQUE LÚDICO-DEPORTIVO.





O P.P. aposta pola mellora do Deporte en familia e as zonas de esparcemento ó aire libre.

Faremos na Barriada Virxe do Carme en convenio co Invifas un gran Parque Lúdico-Deportivo que cumprirá co fin do aproveitamento dos recursos paixasísticos do río Lameira posibilitando un Paseo para poder recorrelo.

A superficie é de 24.000 metros cadrados, dos que 9.681 metros son públicos e 13.975 metros pertencen ó Invifas.

Contará con áreas de lectura e descanso en conxunto coa natureza, cun área de comedor para poder pasar o día ou merendar, con xogos de mesa para practicar xadrez, parchís, ping-pong, a oca…, con xogos na cancha existente, que melloraremos cunha grada e faremos compatible para xogar ó tenis, baloncesto, futbito, balonmano…

Contará cun circuito deportivo, con aparatos de gimnasia biosaudable, cun gran mirador sobre o río e cunha pequena zona de anfiteatro.

Contará con xogos acuáticos rodeados de césped en un entorno natural, representando unha novedade e unha nova alternativa.

Será un auténtico pulmón urbano, terá un circuito de bicicros de 512 metros aproximadamente e 1.278 metros de paseo natural.

Para a facilidade tanto do centro de saúde próximo como do parque contará con 123 prazas de aparcamento máis 6 de minusválidos.

Será un Parque Urbán nun lugar moi desaproveitado, que será un cambio para toda esta zona do casco moi poblada, será un atractivo turístico, deportivo, verde, de esparcimento para disfrutar no centro de Marín.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

ShareThis

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...