lunes, 13 de junio de 2011

Balance constitución concellos.


Os populares obteñen o seu mellor resultado no século XXI, superan a última gran vitoria de Fraga e gobernarán o 70% dos concellos galegos

O PPdeG inicia a lexislatura co compromiso dunha xestión modélica e cre que o mapa de poder municipal supón un aval ás políticas da Xunta

·        Os populares agradecen o caudal de confianza concedido pola cidadanía galega e traballa desde o primeiro minuto para corresponder ese xeneroso apoio

Santiago de Compostela, 12 de xuño de 2011-. O Partido Popular de Galicia amósase moi satisfeito coa rotunda vitoria electoral do pasado 22 de maio –na que sumou 188 maiorías absolutas--, así como pola xornada de constitución de corporacións que tivo lugar onte e que supuxo 28 alcaldías máis. Os datos reflicten que o PPdeG, a falla de que se resolvan os recursos xudiciais presentados por outras formacións –incluído o relativo a Os Blancos, onde se produciu un empate que se desfixo a favor do PP--, gobernará en 217 concellos galegos, case o 70% do total.

O mapa municipal que arroxa a xornada de onte supón un aval explícito ás políticas desenvolvidas polos populares tanto na Xunta como nos concellos que xa gobernaba, e unha seria reprobación á labor de oposición que fan en Galicia PSOE e BNG. O PPdeG conclúe ademais que Galicia ten presentado unha moción de censura á política que representa o PSOE e ós que foron os seus cómplices durante os mandatos de José Luis Rodríguez Zapatero.

Estes resultados supoñen bater en número de votos, porcentaxes, concelleiros e alcaldes a última gran vitoria colleitada polo partido no ano 2003, as últimas municipais que afrontou Manuel Fraga como presidente e nun ano no que o PP gobernaba na Xunta e no Goberno central.

Daquela, os populares acudiron ás urnas coas catro deputacións e varias alcaldías nas grandes cidades. Agora, pasamos dun escenario no que PSOE e BNG ocupaban as oito alcaldías máis importantes a outro no que o PPdeG, con catro (A Coruña, Ferrol, Santiago e Vilagarcía), empata coa suma de alcaldes de grandes cidades que teñen socialistas e nacionalistas.

Así, á tradicional supremacía en concellos pequenos, o PPdeG multiplica a súa presenza urbana, ata o punto de ter sido a forza máis votada en 20 dos 25 concellos máis poboados da comunidade e a gobernar en 14 dos 22 municipios que superan a barreira dos 20.000 habitantes. Sete de cada dez municipios de Galicia contarán cun alcalde popular, o que reflicte a magnitude do éxito obtido por esta formación política.

Por esta razón, os populares agradecen ese caudal de confianza concedido pola cidadanía galega e traballa desde o primeiro minuto para corresponder ese xeneroso apoio cunha xestión modélica e responsable en cada un dos 213 concellos que xa contan cun alcalde do PP, así como nos catro que están pendentes de constituírse.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

ShareThis

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...