domingo, 3 de julio de 2011

Campamento de Verán en Entrimo.


O CONCELLO DE MARÍN INCLÚE UN CAMPAMENTO DE PERNOCTA EN ENTRIMO (OURENSE) ENTRE AS SÚAS ACTIVIDADES DE VERÁN

A Concellería de Deporte e Xuventude, no seu afán de ampliar a variedade de actividades do verán do 2011, organizará un Campamento de Ocio e Tempo Libre de pernocta na localidade ourensá de Entrimo, no Campamento Xuvenil Penedos de Xacintos.
Esta actividade é froito do “Concerto con Entidades Xuvenís e outras Entidades Públicas e Privadas para o uso de campamentos e albergues xuvenís da Administración Galega” elaborado pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado.
O campamento terá lugar entre os días 15 e 26 de agosto no citado campamento.

Información, requisitos e recollida de información
O concello porá a disposición das familias un punto municipal de información e recollida da documentación co fin de facilitar no posible a inscrición nos campamentos: no museo Manuel Torres (986 89 11 86) en horario de luns a venres de 11.00  a 14.00 horas e de martes a venres de 18.00 a 21.00 horas.
Os requisitos serán ter o domicilio habitual no Concello de Marín, ter entre 8 e 14 anos (agás os de 7 anos que vaian acompañados por un/unha irmán/á, cubri-la ficha de inscrición e aboa-la cota.
Esta documentación cuberta terá que ser entregada no Rexistro do Concello, xunto cun volante de empadroamento, a fotocopia da cartilla sanitaria de cada participante, a cartilla de vacinas, unha relación das precaucións a tomar co neno (alerxias, ...) e o DNI das persoas responsables dos rapaces e rapazas que asistan ás actividades. As prazas serán cubertas por rigoroso orde de inscrición.

Prazos de inscrición e número de prazas
O prazo de inscrición no rexistro abrirase dende o día 4 ao 15 de xullo.
Se chegados ó día 15 de xullo todavía existisen prazas libres, abriríase un novo prazo de inscrición ata o día 20 sen restriccións de localidade de empadroamento.
Establecerase un prezo público de 90 euros por participante que se pagará nas dependencias do concello no momento de formalizar a inscrición. As listas das persoas admitidas serán expostas nas dependencias do concello e no museo Manuel Torres. Contarase con 42 prazas.



Contidos
Os contidos que se traballarán no campamento son a educación en valores,  o desenvolvemento da competencia lingüística noutras linguas a través de actividades de comunicación que incidan nas destrezas de comprensión e expresión, o desenvolvemento de actividades deportivas e lúdicas, a potenciación das habilidades sociais, autoestima e autonomía persoal e o fomento do pensamento creativo dos ámbitos lingüística, artístico, social e científico- matemático.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

ShareThis

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...