domingo, 11 de septiembre de 2011

Facturas Pendentes 3ª Parte.



FESTAS SETEMBRO

De cara as festas deste mes no Concello de Marín, este ano organizaronse coa maior austeridade posible dentro da época e da situación na que nos atopamos o chegar ó goberno.

Como xa fixemos público, nas festas do Carme deste ano aforramos 30.000 Euros con respecto as do ano pasado.

Pero é que neste mes, con motivo da celebración das festas da Virxen do Porto e de San Miguel non nos queda outra  que axustarnos máis se cabe o plan de austeridade que proxectamos, e isto e debido o custo que significaron as festas acometidas polo goberno anterior nos meses de abril, maio e xuño como:

a inauguración da Granxa de Briz, a inauguración do Multiusos do Mercado, as actuacions no Multiusos do mes de Maio, os baile assaltos de abril, maio e xuño…

O importe total destes eventos elevaronse a cuantia de 112.062.30 €.

E de reseñar tamen que ante a insistencia de pedir o expediente das festas do Carmen deste ano, este goberno acaba de firmar a resolucion das festas do Antroido, polo que dito expediente estaba sen cerrar e que non existen expedientes abertos do goberno anterior das festas da Virxen do Porto nin de San Miguel.

O ano pasado o custo das festas da Patrona foi de 30.000 € mentras que este ano o importe reducese a 7.000 €.

Con estes numeros a vista non podemos asumir o coste da Cancion Mariñeira que no 2.010 ascendeu a 74.000 €.

O non organizar a Cancion Mariñeira, o aforro das festas do Carmen de 30.000 € e o aforro duns 20.000 € con respecto o ano anterior nas festas de Setembro, faise un total de aforro duns 130.000 €, que se ben non impide celebrar as nosas festas patronais non supoñen un despilfarro para o noso concello.

Se se anticipan as festas os meses de abril, maio e xuño, como fixeron o BNG e mailo PSOE no goberno anterior, loxicamente despois non hai credito e non se nos pode achacar ningun despilfarro porque o exceso no gasto foi na anterior xestion DO BNG/PSOE,

Nos, facendo unha politica de racionalizacion do gasto, e sendo consecuentes coa realidade socioeconomica queremos que os marinenses disfruten das festas sen que estas hipotequen o futuro do Concello

Adxuntase Relacion de custos dos eventos organizados polo goberno anterior nos meses de abril, maio e xuño.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

ShareThis

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...