COLABORACIÓN COA DIPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA.-
O novo equipo de goberno está tratando de realizar as labores máis necesarias e urxentes de cara a ter as praias de Marín a punto para a temporada de verán.
As queixas xustificadas de moitos veciños usuarios das praias polo bo tempo, fan absolutamente necesario acometer canto antes unha serie de labores absolutamente necesarias.
Procedeuse desde a Alcaldía do Concello a solicitar axuda da Deputación de Pontevedra solicitando maquinaria para a limpeza de praias, un equipo que limpará os areais onde sexa posible acceder, e unha máquina de desbrozar o vial de praias en concreto as zonas máis abandonadas despóis da praia de Mogor e ata o final do vial en toda a praia de Aguete.
Esta máquina de desbroce xa está funcionando e nos próximos días se acometerá a limpeza dos areais.
Está en marcha o resto de cuestións relacionadas coas praias, tendo en conta que xa se teñen retrasado moito algúns servizos que debían estar xa postos en funcionamento.
Nos próximos días se levará a cabo o balizamento das praias, a instalación de papeleiras, a limpeza das fosas sépticas, a contratación de socorristas e peóns para limpeza de praias, estando expostas xa as bases no taboleiro de anuncios do concello e pendentes da súa publicación no boletín.
Esta é a primeira actuación que resulta necesario acometer para ter a punto as praias e poder prestar todos os servizos que teñen que ter as praias con bandeira azul.
No hay comentarios:
Publicar un comentario