martes, 8 de marzo de 2011

Dia da Muller Traballadora.

Aproveitamos o día Internacional da Muller Traballadora para subliñar que apostamos pola igualdade salarial e laboral das mulleres e decláramonos en guerra aberta contra o desemprego feminino.

Concebimos a sociedade como un conxunto de individuos cos mesmos deberes pero tamén dereitos, que en ningún caso se poden ver vulnerados pola súa condición sexual. 

Sinalamos que aínda quedan algunas batallas que gañar para erradicar por completo certos prexuízos que aínda persisten no tempo e que non fan senón impedir o avance cara unha sociedade igualitaria. 

Por iso, seguiremos traballando arreo por que haxa xustiza salarial, de xeito que os traballadores, sexan homes ou mulleres, cobren igual por traballos iguais, rompendo así con prexuízos sexistas.

Formamos parte dun partido que está no bando das mulleres que loitan por competir na sociedade a pé de igualdade cos homes e por romper teitos de cristal.

Galicia non é so consciente do seu pasado, senón que é responsable do seu futuro, porque segue sumando vontades para lograr erradicar calquera vestixio irracional de desigualdade, especialmente, a violencia e xénero.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

ShareThis

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...