lunes, 21 de marzo de 2011

Remodelación do dique flotante de Aguete.

PORTOS DE GALICIA REMODELARÁ O DIQUE FLOTANTE DE ABRIGO DE AGUETE PARA MELLORAR A SÚA FUNCIONALIDADE E ESTABILIDADE ANTE CONDICIÓNS ADVERSAS

O organismo autonómico investirá preto de 800.000 euros na mellora da zona portuaria, coa construción, tamén, dun edificio de servizos para usuarios

Santiago, 21 de marzo de 2011.- Portos de Galicia reforzará o abrigo do porto de Aguete, no concello pontevedrés de Marín, a través da reconstrución, reordenación e ampliación do dique flotante existente. Esta actuación permitirá mellorar a funcionalidade do dique, especialmente ante condicións climatolóxicas adversas, nunhas instalacións portuarias moi azotadas polos ventos do nordés.

Xynthia.
A proposta de reforzo do abrigo foi presentada esta mañá polo presidente do ente público, José Manuel Álvarez-Campana. O titular de Portos de Galicia explicou que o proxecto de reforma do dique está baseado en estudos técnicos en profundidade elaborados por equipos de enxeñeiros da Universidade da Coruña. De eles derívase unha nova configuración do dique que permitirá reforzar a súa funcionalidade ademais de facelo máis resistente ante os temporais de mar de fondo.

Portos de Galicia investirá nesta actuación arredor de 550.000 euros e o prazo de execución da mesma será duns catro meses, unha vez rematado o prazo de contratación, que podería extenderse ata finais deste ano. Polo tanto as previsións apuntan a que a obra podería estar rematada a principios do segundo trimestre de 2012.

O programa de inversións no porto de Aguete completarase con outras dúas actuacións, presentadas, tamén, por Álvarez-Campana. Así, o ente público construirá un edificio de servizos para usuarios, orzamentado en 180.000 euros. Estará situado en torno á metade do dique e contará con catro departamentos e zonas de aseos.

Finalmente, Portos de Galicia pretende ter operativa para este verán unha instalación de servizos para o clube náutico de Aguete. Esta última actuación requerirá dunha inversión de 50.000 euros.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

ShareThis

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...