lunes, 11 de abril de 2011

As Minas De Augas Municipais Totalmente Abandonadas.

O P.P. de Marín quere mostrar a súa preocupación, así como facer público o abandono de anos das minas de auga municipais que abastecen a Marín.





Desde fai anos esas minas non tiveron nin unha limpeza, nin un mantemento como se facía desde fai moitos anos, aproveitando as numerosas existentes, e deixando a auga que ven de Pontevedra para cando o abastecemento das minas a través dos depósitos municipais era insuficiente, e para as épocas do verano en que se facía imprescindible usar a auga de Pontevedra.

No pleno ordinario do pasado venres, cando Marín estivera todo o día sen auga, e cando María Ramallo lle pidiu explicacións ó Alcalde, soamente se llas deron da avaría que ten o colector en Pontevedra, que impide que a auga chegue a Marín e a que vai chegando cunha presión moi baixa.

Despois das explicacións estrañounos cando foron dadas solo polo Alcalde, e a Primeira Tenente de Alcalde que sempre quere protagonismo, estaba como con medo, sen dicir nada, e en realidade non foron capaces de dicir nada acerca dos depósitos e das minas, que é competencia exclusiva do concello.

O domingo María Ramallo e varios dos seus compañeiros foron ó monte a ver in situ o estado dalgunhas das minas, e cal foi a súa sorpresa en que se atopou cun panorama desolador, e cun deterioro e un abandono que entenden que alguén terá que explicar.

Qué razóns hai para que as minas estean en este estado sen limpar desde fai anos, porque as imaxes o din todo.

Qué razóns hai para terse chegado a esta situación se desde fai meses se sabe desta avaría.

Qué razóns hai para que non sexan capaces de poñerse dacordo os governos bipartitos municipais de Pontevedra onde governan o PSOE e o BNG en Marín e ó revés o BNG e o PSOE en Pontevedra.

Creemos que a situación é moi grave, que non se está contando toda a verdade, que desde o concello de Pontevedra se acusa a Marín de cousas graves e non hai resposta, e sobre todo porqué no Pleno non se puso de relieve esta situación, soamente nos explicaron como desde Pontevedra tiñan pensado arranxar a tubería ante unha obra que parece ser complexa.

Desde o P.P. pedimos responsables de que as minas municipais se teñan abandonado, porque ésta sí sería unha boa política de medio ambiente, e non dedicarse por parte de este equipo de governo a inaugurar auditorios, perdón que non se poden inaugurar, e contraprogramarse unha parte do governo á outra; montar carpas, e facer moitas cousas que non conducen nada máis que a tirar os cartos.

Queremos unha explicación porque a gravidade dos feitos require dunha explicación, pero desde o P.P. entendemos que alguén debe dar unha explicación de porqué chegamos aquí, e quen é o responsable.

Estar medio Marín sen auga, e ter minas nas que a auga vai monte abaixo non parece sensato, e iso a día de hoxe é o que está pasando.

As fotos de varias minas son da zona de San Xulián, cerca do vial de servizo da circunvalación, e non ten explicación posible nin razoable.

A imaxe do Concello de Marín é lamentable e pensando no verano roza unha situación límite que non se debe tolerar, porque están a todo menos, polo que ve, ó importante.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

ShareThis

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...