viernes, 13 de mayo de 2011

Axenda Social.

A AXENDA SOCIAL DO P.P. É IMPARABLE, MARÍN NECESITA INFRAESTRUCTURAS ASISTENCIAIS PARA UNHA POBOACIÓN DE MÁIS DE 26.000 HABITANTES.



A prioridade da próxima lexislatura será facer o Centro de Saúde e centralizar os servizos da Casa do Mar e do Centro de Saúde da calle da Estrada, a intención e mellorar a zona do río Lameira, buscar zonas de aparcamento, unha mellor conexión para poder circular en coche ´dandolle unha saída ó final da calle de baixada ó lavadoiro do Souto.

Unha vez que esta obra sexa unha realidade e se arranxen desde o concello todos os atrancos urbanísticos e se poida facer este traslado dos servizos sanitarios, a Casa do Mar poderá convertirse nun Centro de Día, aposta que xa se fixo no Pleno da Corporación a proposta do P.P. e que foi aprobado por todos os grupos. A situación da Casa do Mar é moi boa, céntrica, coa Residencia da Terceira Idade e o Centro Social.

Outro punto que deberá acometerse é a posibilidade que existe de ampliación da Residencia da Terceira Idade, ampliando  así mesmo o Centro Social moi utilizado e claramente insuficiente na actualidade.
O P.P. ten as ideas moi claras para ir dando pasos decididos, outros estiveron a dar voltas, ralentizando os procesos y sen deixar o financiamento adecuado.

O Centro de Saúde será unha realidade xunto cos outros 19 centros de saúde de Galicia, o procedemento de licitación xa está en marcha e desde o P.P. seguiremos impulsando o que na próxima lexislatura será unha realidade.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

ShareThis

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...