miércoles, 11 de mayo de 2011

Propostas para Cultura.

O P.P. TEN CLARO QUE A COORDINACIÓN ENTRE AS ASOCIACIÓNS E O CONCELLO É FUNDAMENTAL PARA PODER TER UNHA AXENDA CULTURAL E SOCIAL DE PRIMEIRA.-

O Goberno Bipartito fixo dúas axendas ben diferenciadas entre o PSOE e o BNG, sen ter en conta que o Concello debe actuar en conxunto tanto neste como noutros temas.
Se suprimiron eventos que ían ano tras ano mellorándose, e non se programan as actuacións de xeito coordinado, de tal maneira que ás veces uns membros do equipo de goberno non saben o que fan os outros, e na maioría dos casos non se invitan entre eles, para non restarse protagonismo.
Desde o P.P. o que se ofrece e que esto é imposible que ocurra, se marcarán estratexias en conxunto que se levaran a cabo de maneira coordinada.
Entre os principais puntos que queremos potenciar están:
Promoveremos unha Axenda Cultural deMarín con eventos coordinados coas Asociacións Culturais, incorporando un evento cultural de relevancia.

Potenciaremos as Festas de Marín e tódalas parroquias.

Investiremos en Infraestruturas Culturais: un Auditorio Cultural de usos múltiples, un edificio emblemático no casco vello de uso cultural e social, pensamos na rehabilitación do edificio do antigo “Pais-Baladrón” na esquina da rúa da Roda con Méndez Núñez, rehabilitando íntegramente a estructura, conservando a fachada e dotando o seu interior con espazos con contido cultural en coordinación coas asociacións de Marín para a realización de actividades formativas, educativas, culturais e sociais, así como a mellora da Biblioteca Pública, buscaremos un lugar apropiado para a Aula de Música Municipal, e potenciaremos as Casas de Cultura das parroquias.

Retomaremos eventos que se suprimiron: a concentración de motos, a Batalla de flores, a Romaría internacional de grupos folclóricos, a Festa do Libro …

Potenciaremos o Paseo Alcalde Blanco como zona de lecer e de ocio diúrno e nocturno, posibilitando o aparcamento subterráneo na zona, comunicando a Alameda co Paseo, posibilitando máis locais de hostalería.

Apostaremos pola consolidación, posta en valor e difusión do Castro da Subidá e os Petróglifos de Mogor.

Levaremos a cabo unha ampliación da Casa de Cultura de Seixo.

Estas ideas témolas moi claras e o máis importante todo o goberno se implicará en ofrecer Marín como un referente cultural e turístico.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

ShareThis

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...