martes, 10 de mayo de 2011

Propostas para O Deporte.

O PARTIDO POPULAR DE MARÍN QUERE APOIAR O DEPORTE E PLANTEXAR UNHA ESTRUCTURA DIFERENTE Á QUE HAI QUE NON FUNCIONA.
O Deporte en Marín está absolutamente abandonado, non existe unha aposta forte, decidida e práctica do Deporte como existe noutros concellos.
O P.P. o ten claro e sabe perfectamente onde é necesario actuar e o que é necesario potenciar. Actuaremos na organización e nas infraestructuras deportivas en convenio coa Deputación de Pontevedra e coa Xunta de Galicia.
1.    Crearemos unha Fundación de Interese Galego do DEPORTE deMarín para colaborar coas administracións e as empresas públicas e privadas. O seu órgano de goberno será un Padroado que exercerá o seu cargo de maneira gratuíta.


2.    Xestionaremos un Plan Director de Infraestruturas Deportivas que abarque a reforma integral do Pavillón da Cañota, un Pavillón de usos múltiples en Seixo, as melloras nos Pavillóns da Raña e do Sequelo, a mellora do Estadio Municipal de San Pedro, dous campos de herba sintética en Santomé e en Seixo e un Parque Lúdico-Deportivo en convenio co Invifas no entorno do río Lameira onde se podan conxugar distintas actividades deportivas e de lecer, carril bici e pista de footing, rocódromo e parque de auga ...xunto con amplas zonas verdes.


3.    Dotaremos a Marín dun centro náutico deportivo cunha instalación de deportes náuticos para remo, piragüismo, xunto cun porto deportivo. Tentaremos chegar a un acordo co Ministerio de Defensa que faga compatible o seu uso militar co seu uso público na zona do Paseo Alcalde Blanco

4.    Impulsaremos a creación dun campamento de verán en colaboración coa Xunta de Galicia para dotar ós nenos do noso concello de actividades de tempo libre e deportes de calidade  nun entorno privilexiado.

5.    Garantiremos o pago das licencias deportivas federadas dos clubes deportivos de Marín a tódolos deportistas ata os 16 anos dos clubes de Marín.

6.    Xestionaremos que exista en Marín unha Gala do Deporte tódolos anos e crearemos as becas DEMARIN (deporte de Marín).

7.    Xestionaremos a utilización dos espazos deportivos de tódolos centros educativos fora das horas lectivas.

Melloraremos e impulsaremos as escolas deportivas municipais, facilitando a súa xestión, coordinando as actividades e o uso das instalacións deportivas.                  

No hay comentarios:

Publicar un comentario

ShareThis

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...