viernes, 15 de febrero de 2013

PROPOSTA DE REGULAMENTO ORGÁNICO DA CORPORACIÓN


Desde a Alcaldía se queren dar as explicacións necesarias que provocan afirmacións tan drásticas para o grupo do BNG e que pretenden facer creer ós veciños que eles son únicos demócratas e os demáis temos que pedirlles permiso a eles para que nos deixen existir, e eso xa fai tempo que os veciños de Marín teñen claras as súas preferencias.

Desde que chegou o P.P. ó Goberno e de xeito reiterado pleno tras pleno non se respetan as normas de funcionamento dun órgano colegiado como é o Pleno da Corporación, donde existe unha Presidencia que modera e ordena os debates e os grupos municipais que con base a un regulamento teñen que cumplir as súas funcións.
                    
Isto foi imposible desde o primeiro día da lexislatura, non respetan os turnos, non deixan intervir en ningún momento á Presidencia e utilizan xa que en Marín non o temos regulado o turno de rogos e preguntas cunhas intervencións que non se centran nas cuestións, que fan preguntas que tardan en expoñer e non rematan en preguntar nada, e que en dúas ocasións a falta de respeto e de faltar e alterar a orde, chegou a finalizar con tres avisos de chamadas de atención e finalizar coa expulsión dalgún concelleiro.

Se algúns pretenden que as sesións non teñan orden nin concierto, que non se podan ordenar os debates, que os concelleiros non podan falar, que a Presidencia non poda intervir, que cando se lles vai respostar interrumpar porque a contestación non resulta interesante para eles, é a nosa obriga regular pormenorizadamente cada cuestión e o funcionamento do Pleno fundamentalmente.

O P.P. estivo 12 anos na oposición e nunca protagonizou altercados destas características. Independentemente de plenos duros, de posturas encontradas, de debates desde posturas moi diferentes, sempre se respetou á Presidencia, non se malutilizou o uso da palabra e nunca se provocaron expulsións de ningunha sesión plenaria.

O comportamento dalgún concelleiro non se pode tolerar, sobre todo, si o que se pensa é que o democrático é eso, e os que somos máis demócratas temos que calar sempre para que acabe falando sempre o mismo.

Fai máis dunha semana nunca Xunta de Voceiros a Alcaldía facilitou un Borrador coa Proposta relativa ó Regulamento Orgánico da Corporación, os cambios comportan unha reducción dos tempos nas intervencións e nas réplicas, posibilitando que cando o tema sexa especialmente complexo se acorden intervencións máis amplas.

Se regula o turno de rogos e de preguntas, limitándose o tempo para a súa exposición e posibilitando que si o que se quere é unha resposta concreta, con datos e pudendo consultar os antecedentes, se precisa que se presenten con 6 días de anticipación ó pleno.

As Mocións poderán presentarse e se tramitarán nas correspondientes Comisións Informativas sen ningún límite as que se consideren cunha tramitación ordinaria, as que se consideren urxentes se presentarán por rexistro con 24 horas de anticipación ó Pleno para incluir na sesión e se limitarán a unha urxente por cada un dos grupos municipais.

Se inclúe no Regulamento a posibilidade que unha asociación ou entidade poderá intervir no propio Pleno para expoñer cunha intervención anterior ó debate polos concelleiros, sempre que o soliciten con anterioridade.

Estas Propostas son os cambios que se contemplan co único obxectivo de facer os plenos máis áxiles, máis constructivos, máis dinámicos, tendo en conta que son sesións públicas e que a mayoría dos asuntos son vistos anteriormente nas distintas Comisións Informativas que se celebran con carácter previo.

O BNG pensa que sigue mandando, gobernando, decidindo, e pensa que para ter máis información ten que pasar todo o día no concello, entorpecendo nalgúns casos o funcionamento normal dos distintos departamentos, que ademáis de atendelos a eles, teñen que atender ós veciños de Marín, e teñen principalmente que facer o seu traballo.

¿Hasta dónde se pode exercer a labor de oposición dificultando a labor da Administración, neste caso dun Concello?, Pois efectivamente contra o abuso e mal uso ten que existir o sentido común e a mesura, e en consecuencia se isto é a dictadura, qué denominación adquire a práctica da súa actuación?.

O Borrador se entregou precisamente para facer Propostas, pero sen dúbida se non as hai, levaremos adiante este Regulamento como xa existe exactamente igual noutros concellos, donde desde xa fai moito tempo teñen estas cuestións perfectamente reguladas, non creo que sexan dictaduras as de Vigo, Redondela e Vilagarcía por poñer algúns ejemplos.

A actitude en concreto do BNG é absolutamente dañina para o Concello, entran nos despachos sin que se ateñan ás horas en que poden ser atendidos, merodean polas mesas dos distintos funcionarios, sacan copias de moitos expedientes que se atopan enriba das mesas sendo capaces incluso de sentarse nalgúns postos de traballo e poñerse a ver carpetas que se atopan enriba das mesas. É un completo abuso que intentan disfrazar en decir que traballan, o que queren é facer explotar moitos dos problemas que foron deixando, ou alimentando certas situacións das que creen que poden sacar partido porque ahora están na oposición.

Non hai nada peor na política que non asumir os resultados electorais, pensar que segues gobernando, aproveitarte dos traballadores que de boa fe os atenden con respeto e utilizar canta fotocopia poida caer nas súas mans.

É importante denunciar esta situación porque nos consta que non sempre algunha xente ten porqué aguantar estas actuacións e probablemente acaben adoptando outras solucións a medida que estes feitos non só non se moderen senón que tenden a extenderse.

Non se poden queixar de que se regulen estas situacións sendo eles os que verdadeiramente provocan as actuacións fora de lugar e desviadas do normal proceder en política, na oposición e no traballo de cada un.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

ShareThis

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...