Desde
a Alcaldía se queren dar as explicacións necesarias que provocan afirmacións
tan drásticas para o grupo do BNG e que pretenden facer creer ós veciños que
eles son únicos demócratas e os demáis temos que pedirlles permiso a eles para
que nos deixen existir, e eso xa fai tempo que os veciños de Marín teñen claras
as súas preferencias.
Desde
que chegou o P.P. ó Goberno e de xeito reiterado pleno tras pleno non se
respetan as normas de funcionamento dun órgano colegiado como é o Pleno da
Corporación, donde existe unha Presidencia que modera e ordena os debates e os
grupos municipais que con base a un regulamento teñen que cumplir as súas
funcións.
Isto foi imposible desde o primeiro
día da lexislatura, non respetan os turnos, non deixan
intervir en ningún momento á Presidencia e utilizan xa que en Marín non o temos
regulado o turno de rogos e preguntas cunhas intervencións que non se centran
nas cuestións, que fan preguntas que tardan en expoñer e non rematan en
preguntar nada, e que en dúas ocasións a falta de respeto e de faltar e alterar
a orde, chegou a finalizar con tres avisos de chamadas de atención e finalizar
coa expulsión dalgún concelleiro.
Se
algúns pretenden que as sesións non teñan orden nin concierto, que non se podan
ordenar os debates, que os concelleiros non podan falar, que a Presidencia non
poda intervir, que cando se lles vai respostar interrumpar porque a
contestación non resulta interesante para eles, é a nosa obriga regular pormenorizadamente
cada cuestión e o funcionamento do Pleno fundamentalmente.
O
P.P. estivo 12 anos na oposición e nunca protagonizou altercados destas
características. Independentemente de plenos duros, de posturas encontradas, de
debates desde posturas moi diferentes, sempre se respetou á Presidencia, non se
malutilizou o uso da palabra e nunca se provocaron expulsións de ningunha
sesión plenaria.
O
comportamento dalgún concelleiro non se pode tolerar, sobre todo, si o que se
pensa é que o democrático é eso, e os que somos máis demócratas temos que calar
sempre para que acabe falando sempre o mismo.
Fai
máis dunha semana nunca Xunta de Voceiros a Alcaldía facilitou un Borrador coa Proposta relativa ó
Regulamento Orgánico da Corporación, os cambios comportan unha reducción
dos tempos nas intervencións e nas réplicas, posibilitando que cando o tema
sexa especialmente complexo se acorden intervencións máis amplas.
Se
regula o turno de rogos e de preguntas, limitándose o tempo para a súa
exposición e posibilitando que si o que se quere é unha resposta concreta, con
datos e pudendo consultar os antecedentes, se precisa que se presenten con 6
días de anticipación ó pleno.
As
Mocións poderán presentarse e se tramitarán nas correspondientes Comisións
Informativas sen ningún límite as que se consideren cunha tramitación ordinaria,
as que se consideren urxentes se presentarán por rexistro con 24 horas de
anticipación ó Pleno para incluir na sesión e se limitarán a unha urxente por
cada un dos grupos municipais.
Se
inclúe no Regulamento a posibilidade que unha asociación ou entidade poderá
intervir no propio Pleno para expoñer cunha intervención anterior ó debate
polos concelleiros, sempre que o soliciten con anterioridade.
Estas
Propostas son os cambios que se contemplan co único obxectivo de facer os
plenos máis áxiles, máis constructivos, máis dinámicos, tendo en conta que son
sesións públicas e que a mayoría dos asuntos son vistos anteriormente nas
distintas Comisións Informativas que se celebran con carácter previo.
O
BNG pensa que sigue mandando, gobernando, decidindo, e pensa que para ter máis
información ten que pasar todo o día no concello, entorpecendo nalgúns casos o
funcionamento normal dos distintos departamentos, que ademáis de atendelos a
eles, teñen que atender ós veciños de Marín, e teñen principalmente que facer o
seu traballo.
¿Hasta
dónde se pode exercer a labor de oposición dificultando a labor da
Administración, neste caso dun Concello?, Pois efectivamente contra o abuso e
mal uso ten que existir o sentido común e a mesura, e en consecuencia se isto é
a dictadura, qué denominación adquire a práctica da súa actuación?.
O
Borrador se entregou precisamente para facer Propostas, pero sen dúbida se non
as hai, levaremos adiante este Regulamento como xa existe exactamente igual noutros
concellos, donde desde xa fai moito tempo teñen estas cuestións perfectamente
reguladas, non creo que sexan dictaduras as de Vigo, Redondela e Vilagarcía por
poñer algúns ejemplos.
A
actitude en concreto do BNG é absolutamente dañina para o Concello, entran nos
despachos sin que se ateñan ás horas en que poden ser atendidos, merodean polas
mesas dos distintos funcionarios, sacan copias de moitos expedientes que se
atopan enriba das mesas sendo capaces incluso de sentarse nalgúns postos de
traballo e poñerse a ver carpetas que se atopan enriba das mesas. É un completo
abuso que intentan disfrazar en decir que traballan, o que queren é facer
explotar moitos dos problemas que foron deixando, ou alimentando certas
situacións das que creen que poden sacar partido porque ahora están na
oposición.
Non
hai nada peor na política que non asumir os resultados electorais, pensar que
segues gobernando, aproveitarte dos traballadores que de boa fe os atenden con
respeto e utilizar canta fotocopia poida caer nas súas mans.
É
importante denunciar esta situación porque nos consta que non sempre algunha
xente ten porqué aguantar estas actuacións e probablemente acaben adoptando
outras solucións a medida que estes feitos non só non se moderen senón que
tenden a extenderse.
Non
se poden queixar de que se regulen estas situacións sendo eles os que verdadeiramente
provocan as actuacións fora de lugar e desviadas do normal proceder en
política, na oposición e no traballo de cada un.
No hay comentarios:
Publicar un comentario