O Concello
de Marín está pendiente de formalizar unha Operación de tesorería para adiantar
os pagos que ten que realizar para as obras incluidas no plan Arela.
O Fondo
FEDER financia o 70% das obras que foron elixidas, contratadas, e realizadas
polo Concello de Marín, e para xustificar ante o Ministerio de Facenda esta
actuación o Concello de Marín que pagar todas as facturas, para que
posteriormente e despois de auditados os contratos e a realización de todos os
proxectos e as obras que compoñen este Plan se ingresen ó Concello a parte que
desde a Administración municipal se adiantou.
Para
afrontar estes pagos, o Concello xa tivera hai uns anos que solicitar un
préstamo para este fin, e ahora para finalizar todos os pagos pendientes é
necesario solicitar un préstamo a curto prazo ás entidades financieiras.
O proceso
de contratación se fixo por invitación ás entidades bancarias e en base a unhas
condicións que foron marcadas desde os Departamentos de Tesourería e de
Intervención.
Se iniciou,
se cursaron 5 invitacións formais coas especificacións da operación que o
Concello quere levar a diante, ó Banco Santander, Banco Popular, Nova Galicia
Banco, BBVA e CaixaBank.
A mellor
oferta foi a que presentou CaixaBank, téndolle solicitado unha aclaración a
Mesa de Contratación sobre uns extremos da operación.
Se todo se
adecúa ós pregos de contratación que rexiron o proceso na próxima semana esta
operación de Tesourería quedaría pechada pudendo o Concello finalizar o Plan
Arela cos pagos ós que ven obrigados e nos prazos que nos marcou o Ministerio
de Facenda.
Este
recorrido non foi doado para o equipo de goberno actual, o Plan Arela soamente
tiña ejecutados desde o ano 2008-2011 o 20% de 4 millóns de euros, e foi nesta
etapa final onde se levou a cabo a súa execución total, non exento de
dificultades téncias e sobrevidas.
Foi difícil
porque os trámites sempre son complexos chegar en prazo polas obras a realizar
que se conseguiu, e pola justificación, fiscalización e posterior pago das mesmas,
e estamos en condicións de decir que se chegará tamén en prazo de xustificación
ante o Ministerio para que o Concello de Marín poda cumplir coas súas obrigas e
demostrar que foi capaz de executar unhas obras e de facer un esforzo intenso
en tramitacións administrativas e nos departamentos responsables de Secretaría,
posterior control da ejecución das Obras, e Intervención.
O equipo de
goberno se considera satisfeito do traballo realizado, da xestión intensa dos
últimos meses, de ser capaces de vencer moitos atrancos e de poder presentar
unha boa folla de ruta e de resultados que nos posicione para outras
posibilidades de xestión de Fondos Europeos.
Estamos
pendentes de remitir ó Ministerio de Facenda toda a documentación que xa nos
requiriu de todos os contratos e da documentación que tivo lugar desde o inicio
do plan Arela no ano 2008 e finalizaremos este Proxecto tendo executado todo o
Proxecto que fora previsto dentros dos prazos que nos posibilitaron as
sucesivas prórrogas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario