lunes, 15 de agosto de 2011

A Estratexia da Oposición.




O pasado venres dia 12 celebrouse o segundo Pleno Ordinario da Corporación Municipal de Marín.

Con un amplo orde do día tanto en puntos, como no contido se acordaron temas que levaban moitos anos no tinteiro e que debido ó pouco interese foron arrinconados sen que ninguén se preocupase como é o tema do Eido Local, do que antes viña sendo o Portelo Único, a Ventanilla Única que Marín non tivo nunca a `pesar de que en Galicia 300 concellos dos 315 o tiñan desde xa fai moito tempo.

Na era das Novas tecnoloxías, nas que hai que remitir á Administración parte da información por correo electrónico, onde hai que facer uso da administración electrónica, faise necesario empezar a saír do atraso no que se atopa o concello de Marín e mirar cara o futuro co único obxectivo de acercar a administración ós veciños.

O BNG votou a favor, o PSOE se abstivo e MAR-In por coherencia con anteriores votos votou en contra.

Pero despois de finalizar a orde do día e as Mociós urxentes como a do tema de dirixirnos á Xunta de Galicia para poñer de manifesto que Marín require o servizo de ambulancia 24 horas e non solo polo día, chegouse o quenda de rogos e preguntas.

A sensación no actuar do PSOE e do BNG que fai 60 días que deixaron o goberno é de que perderon a memoria e de que intentan poñer a proba a un goberno, bloqueando nunca mellor dito o funcionamento do concello.

Que se pregunte por parte do sr. Muradas por cómo esta o obra da calle Ezequiel Massoni e que se de conta de cómo están os problemas, e francamente demencial, soamente digno dunha película de ciencia ficción. Cando un concelleiro que sabe e ten mais información que ninguén porque leva 20 años gobernando en Marín, non ten explicación correcta algunha máis que de alguén está resentido e pretende dinamitar cos cartuchos que el mesmo levou na man mentres gobernou en Marín.

Pasa o mesmo cando intentan preguntar polas obras do Plan Arela, polas obras do convenio de saneamento, polo depósito de retención ou tanque de tormentas, pola tramitación do Plan de Urbanismo, cando eles teñen copia e información de todo, ou cando queren saber en todo momento con quen, cando e en que lugar se entrevista a Alcaldesa con membros da Xunta, da Delegación, da Deputación…

Non saber onde se está pode que aínda lles leve algún tempo, é normal, pero facer preguntas con moi mala intención, xogando a pillar, querendo meter os novos concelleiros en apuros, sen conseguilo, soamente denota que non teñen claro a mensaxe que o día das eleccións lle fixeron saber os veciños de Marín de maneira clara e cristalina.

Pedir conta de facturas, cando o equipo de goberno non fai mais que pagar, e xa leva máis de un millón de facturas que deixaron pendentes, e aínda o que queda por pagar e absolutamente irresponsable.

De cara o seu ego interno se crerán que dominan a escena, pero de cara o público non fan máis que o ridículo.

O equipo de goberno non quere os cen días de marxe que normalmente a estética política e as formas soen darlles os novos gobernos, non os necesita porque está traballando intensamente desde o primeiro día, pero esta presión pedindo expedientes todos os días e querendo esixir os funcionarios que teñen que traballar para eles son actuacións que estamos seguros terán pouco recorrido.

Desde o equipo de goberno toda a información, toda a transparencia e todo o debate, pero que nos deixen traballar no concello, iso sería o intelixente.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

ShareThis

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...