sábado, 13 de octubre de 2012

ESTADO ACTUAL DE LICITACIÓN DO CENTRO DE SAUDE


É peligroso estar en campaña electoral sabéndose pouco gañador e cun partido escindido e pensar que se poden dinamitar as cousas que son verdadeiramente importantes.

Eso é o que se pretende facer co Centro de Saúde, moitos anos de traballo, unha parcela en perfecto estado urbanístico, a pesares de que algún lle gustaría que non fose así, e unha licitación en marcha cos cartos necesarios para facelo.

Unha posición para Marín por primeira vez que non ten marcha atrás, nin atrancos máis que os dunha tramitación administrativa que hay que facer.

Parece que cando algúns traballamos nunca dirección, outros se poñen moi nerviosos porque se den pasos definitivos.

Pasou co Plan Xeral, que cando se acercaba o momento algúns querían poñer atrancos, e está a pasar coa construcción do Centro de Saúde.

A verdade é que si un partido que estuvo gobernando ve que os problemas históricos de Marín se van intentando encauzar o lóxico é que se poña nervioso.

A verdade e que si un partido que estuvo gobernando cree que o mellor para o seu fin é intentar confundir á xente colocando carteis onde non debe, será porque lle sobran os cartos para decir mentiras.

O Centro de saúde se está contratando cun orzamento, cunhas ofertas presentadas e a mesa de contratación elixirá a que mellor oferta presente de acordo co prego de claúsulas administrativas e prescripcións técnicas, saberemos a empresa que resulte adxudicataria e se contratará.

Debe ser que se acerca o momento e o final resulta que non queren, para o Goberno do P.P. está claro que non ten volta a tras e que se fixo un gran esforzo nun contexto moi difícil ser capaz de sacalo adiante, outros momentos mellores pasaron e non se fixo, aplaudamos ahora que vai ser unha realidade xa que en canto se adxudique é cuestión duns meses para que se inicien as obras, este é o mellor dato, o demáis xa sabemos desesperación ante como lle vai a cada un a campaña electoral.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

ShareThis

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...